Sobre nós
Profesionalidade, experiencia e diversidade
A Asociación está conformada por profesionais de recoñecido prestixio no ámbito da psicoloxía aplicada á actividade física e o deporte en Galicia, por investigadores e profesores universitarios, así como por estudantes interesados neste eido
A nosa historia
A Asociación Galega da Psicoloxía da Actividade Física e o Deporte fundouse no ano 1987 e leva máis de 30 anos representando, divulgando e realizando actividades de formación
No ano 1986 celébrase o primeiro Congreso Nacional de Psicoloxía Deportiva en Barcelona, e entre os participantes adquírese o compromiso de traballar na constitución dunha Federación Española. Con este obxectivo, no ano 1987 créase a Federación Española de Asociacións de Psicoloxía da Actividade Física e o Deporte, uníndose a asociación galega no ano 1988
As presidencias da Asociación neste período foron as seguintes: Antonio Piñeiro, María Isabel Vega, Antonio Maceira, José Lamas, Estela Pereira, Constantino Arce, Julio Torrado, David Tomé